DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro  celebrouse  o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cun acto no patio do Colexio.

Os delegados de cada un dos estamentos que forman o Centro leron un manifesto expresando o desexo de paz que todos levamos dentro.

Antigos alumnos, coma parte importante do Colexio, tamén estiveron presentes. Alba, representante deste sector neste acto, colocou o seu debuxo nos paneis centrais do patio e leu parte do manifesto.

Oxalá que este berro conxunto faga o noso soño realidade.

 

 

ENTROIDO

O venres 9 de febreiro celebramos o Entroido no Colexio cunha temática relacionada co mundo do cómic.

Cada ciclo realizou os seus disfraces e deleitáronnos cun desfile e diferentes bailes.

Os Antigos Alumnos tamén tiveron o seu momento estelar saíndo ao patio nun barco ao son da música de Viki o Vikingo.

Todos xuntos pasamos un día estupendo.